Aproximámonos ao ecuador do verán e os estradenses aínda temos no padal o bo sabor que nos deixou o que, para moitos de nós, marca o arranque desta estación: a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo, a nosa festa máis senlleira, a nosa tradición máis internacional. O BIC ten que converterse nunha caste de escudo para as bestas, para a tradición en si e para toda esa contorna de montes na que os Fillos do Vento teñen a súa morada libertaria. É obrigado que as diferentes administracións brindemos ese reforzo metálico para que o noso escudo soporte cada golpe, uníndonos ao traballo de resiliencia que tantas veces ten demostrado a Asociación Rapa das Bestas e ao valor co que os aloitadores de Sabucedo pisan a area para perpetuar a tradición.
Author: Gonzalo Louzao Dono
Published at: 2025-07-26 18:37:00
Still want to read the full version? Full article